Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.876

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 20 de outubro de 2000 pola que se procede á adxudicación, con carácter definitivo, de postos ós funcionarios que superaron os procesos selectivos convocados polas ordes do 30 de decembro de 1997, para o acceso ós distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na orde citada anteriormente, publicada no DOG nº 208, do 26 de outubro de 2000, procede efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 14.609, no punto segundo, onde di: «...Regulamento 93/1991 (DOG nº 58, do 15 de marzo)...», debe dicir: «...Regulamento 93/1991 (DOG nº 58, do 25 de marzo)...».

Na páxina 14.610, anexo I, correspondente ó corpo superior de Administración (grupo A), columna de apelidos e nome, onde di: «Fernández Suárez, Xosé Luis», debe dicir: «Fernández Suárez, Xosé Lluis».