Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 03 de novembro de 2000 Páx. 14.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000 pola que se fai pública a relación de postos de traballo de persoal funcionario de Administración e servicios.

Aprobada a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servicios desta universidade polo Consello Social na data do 29 de xullo de 2000, unha vez establecida pola Xunta de Goberno o día 21 de xuño de 2000, e para dar cumprimento ó previsto no artigo 15.3º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve facer pública a relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servicios da Universidade da Coruña que se recolle no anexo á presente resolución.

A Coruña, 6 de outubro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña