Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de abastecemento en Sello, Madriñán y Catasós, para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, 1. Teléfono 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: abastecemento en Sello, Madriñán y Catasós por importe de 16.424.970 pesetas.

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina de luns a venres, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG, en horas de nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se fose festivo, rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a pertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 20 de outubro de 2000.

José Crespo Iglesias

Alcalde