Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ACORDO do 2 de outubro de 2000, da Comisión de Goberno Municipal de Ferrol, polo que se anuncia a contratación, polo procedemento de concurso, para a subministración e instalación de butacas do auditorio do Centro Cultural Torrente Ballester.

Obxecto: subministración e instalación de butacas para o auditorio do Centro Torrente Ballester.

Orzamento base de licitación: 7.000.000 de pesetas, IVE e demais gastos incluídos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Prazo de entrega: un mes contado a partir do día seguinte á data da sinatura do contrato.

Garantías: provisional 140.000 de pesetas; equivalente o 2% o orzamento, ou tipo de licitación, e constituída por calquera dos medios a que se refire o artigo 35 do TR da LCAP.

Obtención de documentación e información: o expediente desta contratación, así como a documentación técnica unida a el poderán ser examinados no Negociado de Cultura, situado na Casa do Concello, en horas de 9 a 13.30 horas dentro do prazo de licitación.

Presentación e ofertas: o prazo de presentación é de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se este último día de prazo coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ata o seguinte día hábil. Deberán ser entregadas das 9 ás 13.30 h, no rexistro xeral da casa do concello, en 3 sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego.

Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Ferrol, 2 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado