Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Ganaderos de Caballos del Monte de A Grova -Oia-.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Ganaderos de Caballos del Monte de A Groba -Oia-, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: tódolos empresarios de gando equino comprendidios dentro do ámbito territoral, ou nacer en calquera deles.

Asinan a acta de constitución Argentino Durán Castro e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 5 de outubro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra