Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/228-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Compañía Energética para el Tablero, S.A.

Domicilio social: Avda. de Europa, Parque Empresarial La Moraleja, 28000 Alcobendas.

Denominación: liñas subtr. a 66 kV interc. Losán-Aserpal-sub. Cesuras.

Situación: Curtis, Vilasantar, Mesía e Cesuras.

Descricións técnicas: finalidade: transporte da enerxía xerada nas plantas de coxeración, situadas nas fábricas de Losán (Curtis) e Aserpal (Vilasantar) ata a subestación de Cesuras propiedade de Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Texto: liña subterránea a 66 kV desde a subestación situada en Industrias Losán, S.A. ata a subestación situada en Aserpal, S.A., cunha lonxitude de 3.468 m e un segundo tramo desde esta última subestación ata a subestación de Cesuras, cunha lonxitude de 3.598 m, discorrendo polos concellos de Curtis, Vilasantar, Mesía e Cesuras.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña