Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 228/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 220 kV, subestación Mesón do Vento-subestación de Vimianzo, apoios 1-31 e apoios 32-final. Nos termos municipais de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo.

No seu trazado a liña eléctrica estará formada por dobre circuíto con liña existente á subestación de Santiago II ata o apoio nº 7 nun percorrido de 2.382 m de lonxitude, en simple circuíto, desde o referido apoio nº 7 ata o 31 e desde o apoio nº 32 ata o apoio nº 170 cunha lonxitude de 58.625 m (excluíndo a lonxitude entre os apoios nº 31 e 32), en dobre circuíto cunha lonxitude de 2.313 m desde o apoio nº 170 ata a subestación de Vimianzo (expediente 228/1999), por resolución da Dirección Xeral de Industria do 13 de setembro de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, procederá o levantamento das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Ordes, Cerceda, Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia do 17-9-1999, 15-9-1999 e 14-9-1999, respectivamente.

Ó levantamento das actas deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándolles-los horarios de toma de datos sobre o terreo

e do levantamento efectivo das actas nas oficinas designadas por cada concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 27 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña