Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1178/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria do día 5 de outubro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación de predios da zona 3 do SU-17 do PXOU por petición de Manuel Cruz Rodríguez en representación de Clara Luisa Ojea Bóveda, María Raquel Vázquez Fernández e Antonio Ojea Bóveda unicamente na súa parte relativa á regularización de predios, excluíndo toda segregación ou agrupación, fixando como sistema de actuación urbanística para o dito polígono o de compensación.

De conformidade co disposto no artigo 102, 120 e 121 de Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste auncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de outubro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente