Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.801

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1100/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria, do día 14 de setembro de 2000, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Estimar parcialmente as alegacións de Rosalía Vázquez Castro, en concreto, a alegación quinta do escrito de data 28 de xullo de 2000, desestimando as demais presentadas tanto por ela como polo Banco Pastor, con base no informe do Serivio de Planeamento e Xestión Urbanística de data do 13 de setembro de 2000 que transcribirán os interesados para os efectos de motivación.

2. Incorporar ó proxecto a valoración presentada con data do 22 de agosto de 2000, pola Xunta de Compensación das obras, instalacións e plantacións reclamadas na dita alegación quinta.

3. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono 2, área de reparto 2 do SU-32, do PXOU de Ourense, por instancia da Xunta de Compensación do dito polígono, representada pola súa presidente, María Socorro Pérez Rodríguez, condicionada a que proceda por Sofalco, S.L. ó ingreso na Tesourería Municipal da suma de 1.946.250 pesetas correspodentes ó aproveitamento urbanístico derivado do dereito de arrendamento extinguido sobre o predio rexistral nº 2891006, que no seu día pagou este concello dado que o proxecto o adxudica á dita sociedade.

Ata o efectivo cumprimento desta condición e a súa acreditación no expediente non se entenderá eficaz o presente acordo. E

4. Requirir á xunta para proceder ó ingreso efectivo da suma de 35.137.907 pesetas en concepto de monetarización do aproveitamento urbanístico lucrativo que lle corresponde a este concello con carácter previo á inscrición no rexistro da propiedade do proxecto, non expedíndose certificado ningún para estes efectos sen que se efectuara o dito ingreso.

A Comisión Municipal de Goberno do día 5 de outubro de 2000 acordou, entre outros o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente o escrito de data 8 de setembro de 2000 de Rosalía Vázquez Castro, de acordo co informe do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística de data do 27 de setembro de 2000, que transcribirase á interesada para os efectos de motivación.

2. Requirir á Xunta de Compensación para que mediante anexo ó proxecto introduza neste as rectificacións derivadas do resultado da fase de información pública. E

3. Convalidar, ó abeiro do disposto no art. 67 da Lei 30/1992, o acordo da Comisión Municipal de Goberno con data do 14 de setembro de 2000, adoptado no punto 28 do orden do día referido a este expediente confirmándoo na súa integridade.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do regulamento de planeamento.

Ourense, 11 de outubro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente