Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 19 de setembro do ano que corre, deu aprobación ó expediente de contratación da obra que a seguir se menciona:

1. Obxecto do contrato: a execución da obra de pavimentación e servicios na rúa Luis Trelles.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

3. Orzamento base de licitación: doce millóns oitocentas dezasete mil duascentas vintenove (12.817.229) pesetas (77.033,10 euros), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: duascentas cincuenta e seis mil trescentas corenta e catro (256.344) pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o proxecto técnico e os pregos de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de

Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o día décimo terceiro coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: chamando ó teléfono: 982 56 20 47, das 8 ás 15 horas.

Viveiro, 28 de setembro de 2000.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental