Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

Órgano: Comisión de Goberno de San Xoán de Río.

Dependencia trámite do expediente: Secretaría do Concello.

Expediente: POL/2000 nº 8.34.

2. Obxecto do contrato.

-Execución das obras: centro social-edificio de usos múltiples.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento e forma: aberto-concurso.

-Orzamento: 14.392.000 ptas.

-Obtención de docuemntación e información.

Entidade: Concello de San Xoán de Río.

Domicilio: Praza da Constitución, 1. 32770-San Xoán de Río (Ourense).

Teléfono: 988 34 60 02. Fax: 988 34 61 30.

E-mail:sxoanrio*teleline.es.

Data límite para a obtención da documentación e información: dous día antes do remate do prazo para presenta-las proposicións.

-Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: rematará ós trece días naturais, contados desde o seguinte ó da data da derradeira publicación do anuncio no DOG ou no BOP (data da derradeira publicación).

Documentación que hai que presentar: a que se explica no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro do Concello de San Xoán de Río, de luns a venres, das 10 ás 14 horas.

-Domicilio: Praza da Constitución, 1. 32770-San Xoa de Río (Ourense).

Prazo durante o cal o licitador manterá súa oferta.

-Apertura de ofertas.

Lugar: salón de sesións do Concello de San Xoán de Río (Ourense).

Data: cláusula 19 (dezanove) do prego de condicións.

-Outras informacións: Concello de San Xoán de Río.

-Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

San Xoán de Río, 20 de outubro de 2000.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde