Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 7/2000).

O Pleno do Concello, en sesión do día 15 de setembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Aproba-lo informe ás alegacións do estudio de detalle do parque de Eirís, redactado de oficio polos técnicos municipais con data do 21 de agosto de 2000.

2. Aprobar definitivamente o estudio de detalle do Plan Parcial do parque de Eirís, redactado de oficio polo concello».

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 25 de setembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo