Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancioandor AG-SA-159/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente en data 17-7-2000, por infracción do Regulamente de epizootias, Decreto do 4-2-1995.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 20 de setembro de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-159/99-PO.

Denunciado: Rudesindo Ferradás González.

Último enderezo coñecido: Porcaios, Goias, Lalín.

Feito denunciado: oposición ó saneamento gandeiro.

Precepto infrinxidos: incumprimento do artigo 209.3º do Decreto 4-2-1995, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Sanción: 100.000 pesetas segundo o artigo 209.3º.