Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se modifican as condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Refachón. (Expediente 038-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. (actualmente Acciona Eólica de Galicia, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións en avda. Europa ,18, parque empresarial La Moraleja, 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización das instalacións do parque

eólico denominado Álabe-Refachón, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de xullo de 1999, Diego Contreras Olmedo, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e modificación das condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Refachón, de 24 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-Mediante Resolución do 25 de maio de 1999 da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio someteuse a información pública para os efectos de solicitudes en competencia, que establece o artigo 11 do Decreto 205/1995, mencionado anteriormente, publicada no BOE, do 10 de xuño de 1999 e no DOG, do 22 de xuño de 1999, e non se presentou ningunha solicitude en competencia.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio do 22 de setembro de 1999, publicada no BOP de Lugo, do 1 outubro 1999, no xornal El Progreso, do 30 de setembro de 1999 e corrección de erros do 20 de outubro de 1999, La Voz de Galicia, do 1 de outubro de 1999, no DOG, do 6 de outubro de 1999, no BOE, do 6 de outubro de 1999 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Muras e Abadín.

Durante o período de información pública, para os efectos de solicitudes en competencia, Tomás Andueza Gastesi, en nome e representación de Desarrollos Eólicos, S.A. presentou a seguinte alegación: que para o caso de que no proxecto de parque eólico se inclúan aeroxeradores situados a menos de 500 m dos integrantes do parque eólico Penas da Mosa, se tomen as medidas oportunas que garantan a protección dos intereses de Desarrrollos Eólicos, S.A. e en especial a compensación das perdas que puidesen producir pola afección eólica.

Cuarto.-O 20 de setembro de 1999, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e

Comercio emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NOMEMUNICIPIOVÉRTICES

ÁLABE-REFACHÓNMURAS

ABADÍN

XY

6139104809965

6137504810210

6141004810600

6146604810600

6147804812820

6152104810950

6152104811600

6163874810933

6166104810452

6154204810174

6154204809431

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 32

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW

Xeradores: NEG-MICON NM 750/44.

Potencia total instalada: 24 MW.

Producción anual estimada: 79.148 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.237.308.594 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

32 centros de transformación de 1.000 KVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 24 de maio de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico. O promotor solicitou revisión da declaración de efectos ambientais, achegando documentación complementaria ó proxecto, inicial o 13 de xuño de 2000. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por Resolución do 11 de agosto de 2000, modifícao a declaración de efectos ambientais, e posterior proposta de mellora medioambiental, de 14 de setembro, reducíndose o número de aeroxeradores de 32 a 28, dado que se considera que os aeroxeradores R-627, R-631a, R-620 e R-628a, na súa actual posición, non son compatibles coa defensa dos valores ambientais existentes, así como os accesos proxectados para estes.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifiesto que, con respecto á alegación presentada pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., cabe manifesta-lo seguinte: que a distancia entre os aeroxeradores máis próximos dos referidos parques eólicos é moi superior a 6 diametros do rotor polo que a posible interferencia a podemos considerar desprezable.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

Autorizar a Acciona Eólica de Galicia, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Álabe-Refachón, agás os aeroxeradores R-627, R-631a, R-620 e R-628a, que se situarán nos concellos de Abadín e Muras.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do devandito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 64.746.172 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.237.308.594 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Lugo de Industria e Comercio poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Industria e Comercio inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG de 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 24 de maio de 2000, modificada por Resolución do 11 de agosto e posterior proposta de mellora medioambiental do 14 de setembro 2000, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de

alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria