Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se modifican as condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Lomba. (Expediente 037-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Ineuropa Eólica del Xistral, S.A. (actualmente

Acciona Eólica de Galicia, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións en avda. Europa 18, parque empresarial La Moraleja, 28108 Alcobendas-Madrid, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Álabe-Lomba; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de xullo de 1999, Diego Contreras Olmedo, en nome e representación Acciona Eólica de Galicia, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e modificación das condicións de inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Álabe-Lomba, de 24 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-Mediante Resolución do 27 de maio de 1999, da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, someteuse a información pública para os efectos de solicitudes en competencia, que establece o artigo 11 Decreto 205/1995 mencionado anteriormente, publicada no BOE, do 10 de xuño de 1999 e no DOG, do 22 de xuño de 1999, non presentándose ningunha solicitude en competencia.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, do 22 de setembro de 1999, publicada no BOP de Lugo do 16 novembro 1999, no xornal El Progreso, do 5 de novembro de 1999, La Voz de Galicia, do 8 de novembro de 1999, no DOG, do 9 de novembro de 1999, no BOE, do 9 de novembro de 1999 e no taboleiro de anuncios dos concellos de Muras e Abadín.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Cristina Veiga Sánchez, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L. (predios nº 16 e 17) solicita que se acumulen os expedientes 037-EOL e 039-EOL e, por outra banda, que a declaración de utilidade pública non se axusta a dereito, ademais de que está explotando unha granxa cinexética e un couto de caza e que se realizaron importantes investimentos nunha casa señorial enclavada no predio, polo

que a instalación do citado parque prexudica economicamente o citado predio.

2. Jerónimo Llomparts Homs, en nome e representación da empresa Made Energías Renovables solicita que se modifique o proxecto do citado parque eólico, para evita-la interferencia das maquinas, L-501, L-502 e L-503 coas máquinas 1, 2 e 3 do parque eólico de Leboreiro.

Cuarto.-O 28 de outubro de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NOMEMUNICIPIOVÉRTICES

ÁLABE-LOMBAMURAS

ABADÍN

XY

1612.8004.810.360

2614.1804.812.000

3613.7004.812.700

4614.9364.812.941

5615.6304.812.240

6614.4444.812.105

7614.4444.811.600

8615.2104.811.600

9615.2104.810.950

10615.0434.810.900

11614.2244.811.115

12614.1004.810.600

13613.7504.810.210

14613.9104.809.965

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 31.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: NEG-MICON NM 750/44.

Potencia total instalada: 23.25 MW.

Producción anual estimada: 74.979 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.104.661.987 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

31 centros de transformación de 1.000 KVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador principal 20/132 kV de 25/27 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,38 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 22 de maio de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientales do citado

parque eólico, o promotor solicita revisión da declaración de efectos ambientais, achegando documentación complementaria ó proxecto inicial, o 13 de xuño de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por Resolución do 11 de agosto de 2000 modifica a declaración de efectos ambientais e posterior proposta de mellora ambiental do 14 de setembro, reducíndose o número de aeroxeradores de 31 a 30, dado que se considera que o aeroxerador L-532-a, na súa actual posición, non é compatible coa defensa dos valores ambientais existentes, así como os accesos proxectados para este.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Corresponde esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Non se toman en conta as alegacións relativas á utilidade pública; estas serán tidas en conta cando se proceda á súa declaración.

3. En relación coa alegación formulada por Cristina Veiga Sánchez, en nome e representación da empresa Asesoramiento y Comercialización Marpu, S.L. (predios nº 16 e 17) relativa á acumulación de expedientes, cabe dicir que non procede por tratarse de dous expedientes distintos e cada un co seu correspondente proxecto.

4. Con respecto á alegación presentada pola empresa Made Enerxías Renovables, S.A., cabe manifestar que a actual lexislación non ten en conta zonas de exclusión entre as áreas limítrofes dos parques.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

Autorizarlle a Acciona Eólica de Galicia, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque

eólico denominado Álabe-Lomba, agás o aeroxerador L-532-a, que se vai situar nos concellos de Abadín e Muras.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Recoñecerlle a esa instalación, a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Acciona Eólica de Galicia, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 62.093.239 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e os planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 3.104.661.987 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Acciona Eólica de Galicia, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centra

lizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 22 de maio de 2000, modificada por Resolución do 11 de agosto de 2000, e posterior proposta de mellora medioambiental do 14 de setembro, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria