Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/189-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Brazal.

Situación: Dumbría.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 21 m de lonxitude, con orixe na liña Lucín-Pino de Val e final no C.T. Brazal, para instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Brazal, do que parte rede de baixa tensión aérea sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 15 m de lonxitude que conectará coa rede existente. Dumbría.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña