Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/180-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: reforma C.T. Cardenal Quiroga.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: reforma do centro de transformación Cardenal Quiroga, en esquina rúas Canfranc e Somport, instalando transformador de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV e conxunto de celas compactas en SF6 (2L+1P) e acometida en alta tensión con conductor R.H.Z. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al de 10 m de lonxitude. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 20 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña