Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 9 de outubro de 2000, do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico, de notificación da resolución de extinción dunha concesión de augas.

Por medio do presente edicto faise saber que, por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, foi dictada resolución no expediente administrativo que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente á extinción do dereito ó uso privativo das augas por caducidade da concesión nos termos previstos na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas. Ó ignorarse o enderezo do titular da concesión, por non constar no expediente, non se puido practicar a notificación individual desta resolución.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, atópase á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da citada Lei

30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

-Expediente número: 18/17/1.1.

Persoa interesada: Francisco Armesto Vinuesa.

Acto administrativo: resolución pola que se declara a caducidade da concesión outorgada por resolución do gobernador civil da provincia de Lugo de data 31 de xullo de 1894, a favor de Francisco Armesto Vinuesa, no río Tronceda, concello de Mondoñedo (Lugo), con destino á producción de enerxía eléctrica, por interrupción permanente da explotación durante tres anos consecutivos por causa imputable ó titular e, en consecuencia, a extinción do dereito.