Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 10 de outubro de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se notifica o prego de cargos dun expediente disciplinario.

Por medio do presente edicto da instructora do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ordenou instruír por acordo do 19 de novembro de 1998 notifícaselle a Dolores Castromán Santos, enfermeira do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, por ter enderezo descoñecido, a elaboración do prego de cargos, con data do 10 de outubro de 2000, que se atopa á súa disposición no local da Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, sito na rúa Durán Loriga, nº 3 (Secretaría Provincial, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días, exerce-lo seu dereito de vista e presente as alegacións que considere pertinentes na súa defensa.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

P.A.

María de Ramón López-Chaves

Instructora