Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 11 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D. OU-12/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, adxudicataria dunha vivenda de protección oficial, que con esta data resolvín publica-la incoación do expediente de desafiuzamento administrativo por

ocupación sen título D. OU-12/00, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do servicio xurídico-administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente se concorreren os supostos legais (arts. 28 e 29 LRX e PAC).

A interesada disporá dun prazo de quince días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo, alegando por escrito o que considere conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crea oportunas á súa descarga. Transcorrido o dito prazo, darase por cumprido o trámite, seguindo o seu curso o expediente.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 11 de outubro de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente nº D. OU-12/00 (ocupación sen título).

Ocupante: Mª José Neira Otero.

Derradeiro enderezo coñecido: Grupo Portovello, torre 2, 4º C, 32004 Ourense.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial, promoción pública do expediente OR-83/030, conta 86 sen título legal.

Precepto aplicable: art. 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e art. 138.2º do Regulamento de vivendas de protección oficial, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.