Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Cospeito, A Sendiña, A Pandela e As Lamelas.
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 1.596 m de lonxitude total sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 865 m de lonxitude total.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 14 de setembro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo