Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.528

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000, correspondente á categoría 26 (axundante técnico/a de laboratorio) (lista B) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 16 de outubro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Adolfo Cano Guervós contra a Resolución do 21 de xullo de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 26 (axudante técnico/a de laboratorio) (lista B) do grupo III.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 21 de xullo de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 26 (axudante técnico/a laboratorio) (lista B) do grupo III, cos seguintes datos:

Adolfo Cano Guervós, DNI 22.482.315 lista B, puntuación: 0,750.

No posto número 36 no ámbito xeográfico D1500, no posto número 29 no ámbito xeográfico D2700, no posto número 22 no ámbito xeográfico D3200, no posto número 33 no ámbito xeográfico D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública