O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 10 de outubro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Antonio Domingo Vázquez Saavedra contra a Resolución do 27 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 12 (peón e outros) (lista B) do grupo V.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 27 de xuño de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 12 (peón e outros) (lista B) do grupo V, cos seguintes datos:
Antonio Domingo Vázquez Saavedra, DNI 33.831.688 lista B, puntuación: 5,550.
No posto número 9 no ámbito xeográfico D2700.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.
Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública