Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Por así acordalo por resolución da Alcaldía, do 28 de setembro do ano actual, e co obxecto de lle dar cumprimento ó establecido no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, anúnciase concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación da obra denominada: miradoiro e área de ocio en San Adrián, incluída no Proder conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a contratación da obra miradoiro e área de ocio en San Adrián segundo se especifica

a continuación, mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia.

Miradoiro e área de ocio en San Adrián: 17.015.721 pesetas.

2. Prazo de execución: 4 meses.

3. Tipo de licitación: 17.015.721 pesetas.

4. Pagamento: con cargo á partida orzamentaria 1999.751.1.601.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación 340.314 pesetas.

6. Garantía definitiva: 4% do tipo de licitación 680.628 pesetas.

7. Clasificación empresarial:

8. Presentación de proposicións: trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP e DOG, por declararse de urxencia o expediente, mediante resolución da Alcaldía do 28 de setembro do ano actual.

9. Apertura de proposicións: o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións salvo que coincida en sábado; neste caso realizarase o día hábil seguinte ás 13 horas.

10. Modelo de proposición: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas aprobadas pola deputación e publicadas no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

Malpica de Bergantiños, 28 de setembro de 2000.

José R. Varela Rey

Alcalde