Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, e tramitación ordinaria, para a subministración de material informático e outro. (CP 9/2000).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido

no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de material informático e outro.

Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes en que se divide o obxecto da subministración.

Orzamento: 9.571.000 pesetas, (IVE incluído). (57.522,86 euros).

Garantía provisional: 191.420 pesetas (1.150,46 euros).

-Lote 1: 21 ordenadores persoais, 1 portátil e 1 monitor.

Orzamento: 5.400.000 pesetas (32.454,66 euros).

Garantía provisional: 108.000 pesetas (649,10 euros).

-Lote 2: 20 impresoras láser.

Orzamento: 1.400.000 pesetas (8.414,17 euros).

Garantía provisional: 28.000 pesetas (168,29 euros).

-Lote 3: 1 videoproxector portátil.

Orzamento: 1.000.000 de pesetas (6.010,13 euros).

Garantía provisional: 20.000 pesetas (120,21 euros).

-Lote 4: 1 ensobradora.

Orzamento: 1.771.000 pesetas (10.643,93 euros).

Garantía provisional: 35.420 pesetas (212,88 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario.

Prazo de entrega: máximo 15 días.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 6.

2º Calidade: 3.

3º Servicio: 1.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de subministración da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (Polígono da Grela), 15008 A Coruña. Teléfono: 981 25 14 50, fax: 981 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, Área da Coruña, r/ Xeneral Sir John Moore, nº 2, planta segunda, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para tal efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol