Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO de información pública, referente, á solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico de Currás (expediente 4/2000), no concello de Mazaricos.

Formulada pola entidade Euro Vento, S.L., con enderezo social na r/ Varsovia, nº 4-C, 5ª planta, Área Central, As Fontiñas, 15707, Santiago de Compostela, en concepto de entidade promotora, a solicitude para a declaración de utilidade pública do proxecto de referencia que, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do

sector eléctrico, e o artigo 18 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comundidade Autónoma de Galicia, levará consigo a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, notifícaselle que o predio sinalado con nº 1, Ref. Castastral Pol. 57, Parc. 47, do plano xeral e plano de detalle nº 37 contido no proxecto de execución do parque eólico de Currás, así como na relación detallada contida no anexo relación de propietarios, bens e dereitos afectados, predio que se atopa situado no concello de Mazaricos, no lugar denominado Monte Ruña de Colúns e que resulta afectado en expropiación do seguinte xeito: 2.184 m en expropiación en plena propiedade (196 m para cimentación, 1.500 m para vial, 488 m para plataforma), 400 m afectados por servidume de paso eléctrico subterráneo, 4.000 mafectados pola servidume de voo para a pa

dos aeroxeradores e 16.063 m afectados como consecuencia das obras necesarias para a instalación do parque eólico en concepto de ocupación temporal durante un ano para a realización das obras.

O que se fai público en virtude do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e para que nun prazo de trinta días contados a partir da publicación deste se poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, e achega-los datos oportunos para rectifica-los posibles erros na relación de predios, propietarios e bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións que se estimen oportunas polo disposto na Lei 54/1997 e nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, de 18 de marzo, sobre expropación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, de aplicación transitoria.

A Coruña, 9 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña