Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/233-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctricas Cortizo, S.A.

Domicilio social: A Matanza, s/n, 15917 Padrón.

Denominación: L.M.T. desde a minicentral Segade á sub. Tivo.

Situación: Caldas de Reis.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde a minicentral Segade, no río Umia, ata a subestación de Tivo no concello de Caldas de Reis, de 3.665 m de lonxitude total; deles 15 m dentro da central, 2.125 ó longo de camiños e pistas, 1.294 m pola estrada N-550, 19 m cruzando a estrada citada para entrar na subestación, e 212 m dentro da subestación de Tivo, propiedade de Unión Fenosa, S.A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de outubro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra