Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia para o deseño e execución dunha campaña de divulgación do programa Cheque asistencial para persoas maiores dependentes.

-Obxecto: deseño e execución dunha campaña de comunicación para a divulgación do programa de atención ás persoas maiores dependentes, denominado Cheque asistencial.

-Orzamento de licitación: 36.000.000 de ptas. (IVE incluído); (216.364 euros).

-Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2000.

-Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público polo trámite de urxencia.

-Garantía provisional: 720.000 ptas. (4.327 euros).

-Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse no prazo de 13 días naturais

contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares. Tódolos documentos esixidos no prego de cláusulas administrativas particulares deberanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, dirixidos á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Servicios Sociais.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais ás 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Variantes: non se admiten.

-Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais