Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 219/2000).

De conformidade co disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a instalación eléctrica que se cita (Expediente 219/2000):

Solicitante: Energías Ambientales, S.A. (EASA).

Enderezo social: r/ José Luis Bugallal Marchesi, 10, 1º esquerda, 15008 A Coruña.

Denominación: liña eléctrica media tensión aérea en dobre circuíto a 20 kV con orixe na L.A.T. 20 kV parque eólico de novo e remate na subestación de interconexión coa L.A.T. 132 kV Cornide-Mera.

Emprazamento: San Sadurniño e Valdoviño (A Coruña).

Características técnicas: L.M.T. 20 kV DC aérea e capacidade de transporte 39,77 MVA, sobre apoios realizados en torres metálicas de celosía tipo MADE ou similares, de 5.616 metros de lonxitude atravesando os termos municipais de San Sadurniño e Valdoviño, con conductor simplex LA-280 e cable de fibra óptica para comunicacións tipo Pirelle-Opsycom ASDL 16F.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo proxecto e presenta-las alegacións nesta Delegación Provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, nun prazo de 30 días, contados desde o día seguinte á derradeira publicación desta resolución.

A Coruña, 10 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña