Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/77-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias.

Domicilio social: centro penitenciario do Pereiro de Aguiar, 32710 O Pereiro de Aguiar.

Denominación: L.M.T., C.T. pavillóns vivendas c. penitenciario O Pereiro de Aguiar.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 70 m derivada da L.M.T. existente ó centro penitenciario, e finaliza no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA R/T 20.000/380-220 V nos pavillóns de vivendas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense