Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 175/2000, interposto por Bienvenida Casabella García e outros.

Recibida providencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 175/2000, interposto por Bienvenida Casabella García e outros, contra o acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma galega e as centrais sindicais UGT, SPJ-USO e CCOO, con representación entre o persoal da Administración de xustiza destinado nesta comunidade, para a mellora do servicio público da xustiza no marco da disposición adicional novena do Real decreto 1616/1989, do 29 de decembro, modificada polo Real decreto 668/1999, do 23 de abril.

Esta Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número catro da Coruña no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza