Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000 pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial LU-98/020.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá o recurso contencioso-administrativo a interpoñer perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente núm.: LU-98/020.

Denunciado: Ramón Pérez Camacho.

Último domicilio coñecido: r/ Greco, núm. 15-2º B. Ourense.

Contido da resolución do recurso:

Data: 21 de agosto de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: pescar en zona vedada.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución impugnada en tódolos seus termos.