Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das obras de mellora das instalacións de xestión de residuos gandeiros no predio Marco da Curra do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de mellora das instalacións de xestión de residuos gandeiros no predio do Marco da Curra do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaoito millóns setecentas oitenta e oito mil cincocentas oitenta e cinco pesetas (18.788.585 ptas., 112.921,67 euros).

5. Garantías.

Provisional: 375.771 ptas./2.258,43 euros.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimetnaria.

b) Domicilio: rúa Fonte dos Concheiros, 11-baixo.

c) Localidade e código postal:Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 66 82.

e) Telefax: 981 54 66 76.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet nos enderezos: http://www.xunta.es/conselle/ag/servicios/contra/ou http://www.xunta.es/contratación/.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: categoría C, grupo C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 3 de novembro de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 14 de novembro de 2000.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria