Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.298

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2000, sobre a inclusión de categorías profesionais ó anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2 e),

para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o 22 de setembro de 2000, certificación da secretaria da Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na reunión do 26 de xullo de 2000, sobre a inclusión de categorías profesionais ó anexo II do convenio.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A Comisión Paritaria do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2000, acordou incorporar, ó anexo II do Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a categoría seguinte:

Grupo: III.

Categoría-número: 103.

Categoría-denominación: entrevistador-enquisador.