Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.272

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO do 10 de outubro de 2000 polo que se publica a convocatoria para a selección de dous técnicos superiores de criopreservación.

Requírese:

-Título de licenciatura en Bioloxía, Farmacia ou Medicina.

-Experiencia e coñecementos de criopreservación e en tratamento dos tecidos humanos así como das normas legais que os regulan.

-Valorarase a actividade de investigación en tecidos humanos.

-Dominio do galego falado e escrito.

-Valoraranse positivamente coñecementos de inglés e doutros idiomas.

Proceso de selección:

-Currículum vitae.

-Os candidatos que se axusten ó perfil serán entrevistados pola comisión de selección designada pola fundación.

O posto de traballo é de carácter temporal e o procedemento de contratación faise segundo o disposto no número 1º do artigo 7 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo e con documentación compulsada ó Centro de Transfusión de Galicia, r/ Avda. Monte da Condesa s/n 15706 Santiago de Compostela, dirixido ó director técnico da fundación, indicando no sobre a referencia T.S.CRIOP. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Roberto García de Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia