Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

CONVOCATORIA de concurso para a concesión da xestión e explotación dos servicios municipais da lonxa agropecuaria, mercado gandeiro e desinfección de vehículos de transporte de gando.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Nº de expediente: 258/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a prestación, en réxime de xestión indirecta mediante concesión dos servicios municipais de lonxa agropecuaria, mercado gandeiro e centro de desinfección de vehículos de gando no municipio de Verín, mediante a xestión, explotación e mantemento das instalacións correspondentes que serven de soporte material ó servicio.

b) Lugar de execución: lonxa agropecuaria, mercado gandeiro e centro de desinfección de vehículos de gando.

c) Prazo de concesión: quince anos (prorrogables).

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución das obras: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: non se establece previamente e será proposto libremente polos concursantes.

5. Garantías.

Provisional: 100.00 pesetas.

Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verín. b) Domicilio: Praza do Concello. c) Localidade e código postal: Verín, 32600. d) Teléfono: 988 41 03 34. e) Fax: 988 41 19 00. f) Data límite da obtención de documentos e información: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais), que se contarán a partir do da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe clasificación de contratista. Deberán acredita-la súa solvencia técnica, económica e financeira, segundo o previsto no prego de cláusulas.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural (26 días naturais) que se contarán a partir do da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que intergrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte o establecido na cláusula novena do prego das administrativas particulares que rexen no concurso.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: dous meses desde a apertura.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base undécima das da contratación.

b) Consulta documentación: nas dependencias municipais.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 3 de outubro de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde