Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno con data do 6-9-2000, o estudio de detalle formulado

para a reordenación de volumes no soar sito na avenida das Américas, esquina rúa Músico Falla e rúa Mestre Soutullo, que modifica o aprobado definitivamente polo Concello Pleno con data do 25-3-1993.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo deste concello (Ronda da Muralla, 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 11 de setembro de 2000.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área