Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 10-10-2000, acordou ampliar en 11 días naturais o prazo establecido para presentar proposicións no concurso tramitado para a adxudicación de servicios para a gardería infantil municipal de Lalín, segundo os anuncios publicados no BOP de Pontevedra nº 184, do 25 de setembro, e no DOG nº 183, do 20 de setembro.

O novo prazo empezará a contarse desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Pontevedra.

Lalín, 10 de outubro de 2000.

José Crespo Iglesias

Alcalde