Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Elecnor, S.A. denominado P.E.E. Elecnor, S.A.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Elecnor, S.A., con enderezo para os efectos de notificacións en praza Gómez Moreno, s/n, edificio Bronce 6ª, 28020 Madrid, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Elecnor, S.A., esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 2 de febreiro de 1999, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase o plan eólico estratéxico de Elecnor, S.A. publicándose no Diario Oficial de Galicia o 10-3-1999 coas seguintes características básicas:

-15 áreas.

-Potencia 125 MW.

-Prazo de execución 5 anos.

-Investimento total 15.960 millóns de pesetas.

Segundo.-Con data do 9 de setembro de 1999, a empresa Elecnor, S.A., NIF A-48.027.056 solicitou a aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Elecnor, S.A., achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-A petición de aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 17 de setembro de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 outubro de 1999 e no Boletín Oficial del Estado do 25 de outubro do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Elecnor, S.A. que se someteron a información pública son:

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. MondigoLugoBarreiros

Ribadeo

Trabada

A Pontenova-Vilaodriz

Riotorto

Mondoñedo

Lourenzá

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

P.7

P.8.

P.9

P.10

P.11.

641000

647000

647000

648700

648700

657000

653000

648000

646000

642000

638000

4822000

4822000

4820000

4820000

4822000

4822000

4812000

4812000

4800000

4800000

4808000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Palas de ReiLugoPalas de Rei

Friol

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5.

P.6.

P.7.

593000

596000

598000

598000

585000

582000

593000

4761000

4761000

4755000

4748000

4743000

4743000

4756000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. VilaodrizLugoA Pontenova-Vilaodriz

A Fonsagrada

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

P.7

P.8

P.9

P.10

P.11

P.12

652000

655000

657000

657000

666000

664000

659000

656000

655000

652000

646000

646000

4799500

4796000

4797000

4791000

4784000

4782000

4784000

4790000

4795000

4796500

4796500

4799500

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Serra de

Liñares

LugoA Fonsagrada

Negueira de Muñiz

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

660000

665500

667000

668000

665000

662000

4781000

4780000

4778000

4774000

4771000

4775000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. BaleiraLugoBaleira

A Fonsagrada

Ribeira de Piquín

Baralla

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

639600

649000

649000

647500

646000

639600

4780000

4780000

4763000

4754000

4754000

4774200

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Serra de

Lagoa

LugoBaralla, SarriaP.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

636000

640000

642000

645000

645000

638000

4757000

4757000

4751000

4750000

4743000

4743000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Montes do

Bocelo

A CoruñaBoimorto

Melide

Sobrado

Toques

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

574000

583000

585000

580000

570000

574000

4765000

4765000

4759000

4753000

4761000

4761000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. ReboredoA CoruñaAranga

Betanzos

Cesuras

Oza dos Ríos

Coirós

Mesía

Curtis

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

567000

575000

571000

570000

564000

4790000

4784000

4776000

4776000

4781000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. MadañelaA Coruña

Lugo

Aranga

Guitiriz

P.1

P.2

P.3

P.4

585000

590000

587000

585000

4790000

4790000

4783000

4783000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. IrixoaA CoruñaAranga

Irixoa

Monfero

P.1

P.2

P.3

P.4

583000

583000

580000

573000

4797000

4790000

4784000

4794000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. RetortaA CoruñaMonferoP.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

575000

576000

578000

579000

577000

575000

4807000

4807000

4802000

4797000

4797000

4804000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. CordánLugoVilalba

Guitiriz

Begonte

P.1

P.2

P.3

P.4

599000

604000

610000

605000

4790000

4791000

4781000

4781000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. BujánA CoruñaSantiago de Compostela

Val do Dubra

Trazo

Tordoia

Carballo

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

527000

535000

533000

538000

535000

527000

4772000

4775000

4770000

4757000

4757000

4766000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Montes de

Barro

A CoruñaA Braña

Ames

Val do Dubra

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

522000

527000

528000

526000

522000

4760000

4760000

4755000

4752000

4752000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. ValdínOurenseViana do Bolo

A Veiga

P.1

P.2

P.3

664000

676000

664000

4678000

4680000

4670000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. CarballedaOurenseCarballeda

A Veiga

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

680000

683000

687000

687000

680000

4694650

4694650

4692000

4688000

4692000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. La PeñaOurenseVilamartín de Valdeorras

O Barco de Valdeorras

Petín

P.1

P.2

P.3

P.4

659000

663000

665000

658000

4696000

4695000

4690000

4683000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. San JuliánLugo

Ourense

Quiroga

A Rúa

Vilamartín de Valdeorras

P.1

P.2

P.3

P.4

648000

650000

659000

658000

650000

4702000

4704000

4702000

4697000

4698000

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Monte AgudoA CoruñaCarballo

Laracha

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

528300

530850

535800

536200

530500

4795000

4796400

4794750

4789550

4791800

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. SilleiroPontevedraBaionaP.1

P.2

P.3

P.4

508400

513500

513500

509400

4662450

4662450

4659200

4659200

NomeProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Monte

Mayor

OurenseVilardevós

Riós

Verín

Monterrei

Oímbra

P.1

P.2

P.3

P.4

623000

650000

650000

631000

4647000

4647000

4639000

4630000

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Acciona Eólica de Galicia, S.A.

2. Planta Eólica de Galicia, S.A.

3. Energías Renovables Costa Coruña, S.L. (Ercco).

4. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

5. Made Energías Renovables, S.A.

Cuarto.-O 5 de abril de 2000 a empresa Elecnor, S.A. presentou ante esta dirección xeral escrito de renuncia ás seguintes áreas: Rinlo, Devesa, Burela, Roela, Cabo Ortegal, Candelaria e Marola, dado que dos resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 2 de febreiro de 1999 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolver os diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa Elecnor, S.A. solicitou a substitución das áreas de investigación Rinlo, Devesa, Burela, Roela, Cabo Ortegal, Candelaria e Marola, de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que

soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación planificados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos devanditos casos optouse por asignar a área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas.

Do exposto extráese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado terceiro da resolución pola que se aproba o plan eólico estratégico da solicitante, téndose comprobado que as áreas denominadas: Rinlo, Devesa, Burela, Roela, Cabo Ortegal, Candelaria e Marola, son inviables desde un punto de vista técnico, considérase procedente substituí-las devanditas áreas pola denominada Serra de Liñares, coas coordenadas que veñan determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedendo á empresa Elecnor, S.A. autorización para realizar investigacións nela.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 9 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 129 MW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Elecnor, S.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 25 MW, en substitución das áreas Rinlo, Devesa, Burela, Roela, Cabo Ortegal, Candelaria e Marola, sobre as que efectúa renuncia a titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Elecnor, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exercita-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase segundo as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Elecnor, S.A. deberalle presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes apartados:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Terceira.-A empresa Elecnor, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a comprometida polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-Elecnor, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-Este plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalaciones de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma

data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no P.E. Estratéxico

NomePotenciaProvinciaMunicipiosCoordenadas UTM

P.E. Sierra de

Liñares

25LugoA Fonsagrada

Negueira de Muñiz

P.1

P.2

P.3

P.4

P.5

P.6

660000

665500

667000

668000

665000

662000

4781000

4780000

4778000

4774000

4771000

4775000