Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con trámite de urxencia, da obra RC-OUR-00.01.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expediente: RC-OUR-00.01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforzo de firme na OUR-300 Celanova-Allariz, do p.k. 8+000 ó 11+200.

b) Lugar de execución: A Bola.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

(Declarada urxente conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundidio da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.566.489 ptas.

Equivalente a: 123.607,088 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Teléfono: 988 38 62 36.

e) Telefax: 988 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás doce horas do décimo cuarto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b)Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense, 32071.

d) Data: de acordo coa cláusula 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares, a apertura da documentación xeral (sobre nº 1) levarase a cabo ás 9.30 horas do décimo día natural seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura dos sobres de documentación xeral terá lugar o día hábil seguinte.

A apertura de ofertas económicas terá lugar ás 9.30 horas do cuarto día hábil seguinte ó de apertura dos sobres de documentación xeral.

No caso de que o dito día coincida en sábado a apertura de ofertas terá lugar o día hábil seguinte.

9. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 5 de outubro de 2000.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense