Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.208

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o concurso-oposición para o acceso a determinadas categorías de persoal estatutario do Sergas, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo do organismo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

A base novena da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde do grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, fisioterapeuta, traballador social, logopeda, matrona, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, cociñeiro, auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, celador e pinche, dispón que unha vez realizados os actos de elección de destino definitivo, realizado un curso selectivo de carácter teórico-práctico, impartido pola Escola Galega de Administración Sanitaria, e unha vez superado con declaración de aptitude o dito curso, a autoridade convocante publicará unha resolución no Diario Oficial de Galicia na que declara rematado o concurso-oposición, nomeando os aspirantes seleccionados

como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde na categoría correspondente e adxudicando con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

Por todo isto, esta división

ACORDA:

Primeiro.-Declarar rematado o concurso-oposición convocado por resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde do grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, ATS/DUE, fisioterapeuta, traballador social, logopeda, matrona, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, cociñeiro, auxiliar de enfermería, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servicios xerais, celador e pinche.

Segundo.-Nomea-los aspirantes seleccionados para cada unha das ditas categorías que se inclúen no anexo desta resolución como persoal estatutario fixo do Servicio Galego de Saúde.

Terceiro.-Adxudicarlles ós ditos aspirantes con carácter de destino definitivo a praza correspondente que figura no devandito anexo desta resolución.

Cuarto.-Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-A dita toma de posesión da praza correspondente efectuarase no centro de xestión ó que pertenza esta, tendo que comunicarlle de maneira fidedigna, de se-lo caso, calquera tipo de incidencia ou motivo que xustifique a imposibilidade para non tomar posesión, para os efectos de que, en función destas circunstancias, a xerencia do centro acorde excepcionalmente a prórroga do citado prazo, pois do contrario quedará sen efecto o nomeamento do aspirante como persoal estatutario fixo e perderanse tódolos dereitos derivados da súa participación no proceso selectivo.

Sexto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde