Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.205

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 9 de outubro de 2000 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de cargo directivo pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 148/1991, do 2 de maio, polo que se establecen os órganos de dirección e colexiados nos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia, dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e xestionados polo Servicio Galego de Saúde e polo que se determinan as funcións destes, e no artigo único do Decreto 143/1992, do 5 de xuño, esta consellería, no exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, a praza que se indica no anexo desta orde, pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os interesados que, para esa praza, reúnan os requisitos previstos no devandito Decreto 148/1991, do 2 de maio, modificado en parte polo Decreto 143/1992, do 5 de xuño.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no das súas delegacións provinciais ou en calquera das direccións provinciais do Sergas, ademais de nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que nel aleguen, ademais de xustifica-los requisitos ós que se refire o punto segundo desta orde.

Cuarto.-Cumpridos os trámites previstos no dito decreto, a resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podéndose declarar deserto o cargo directivo ofertado.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Praza: Director xerente.

Requisitos:-Posuír titulación superior.-Non encontrarse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas ou profesionais.