Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 245/2000, do 29 de setembro, polo que se resolve o expediente de deslinde entre os termos municipais dos concellos de Covelo e Fornelos de Montes.

O Concello de Covelo, con data de 14 de xullo de 1997, inicia expediente de deslinde para determina-la liña límite no tramo comprendido entre os marcos 3º e 17 do seu termo municipal co do concello de Fornelos de Montes. Remitindo o concello de Fornelos de Montes á documentación á Xunta de Galicia con data do 12 de setembro de 1997 e o concello de Covelo con data do 22 de outubro de 1997.

Tramitado o expediente de acordo co procedemento establecido nas leis 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia o Instituto Xeográfico Nacional emitiu informe con data 28 de setembro de 1998 e complementario de data 19 de xuño de 2000, presentando alegacións ó primeiro o concello de Fornelos de Montes.

Visto o disposto nos artigos 41.1º e 44.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, segundo os cales os conflictos que poidan suscitarse entre municipios en relación co deslinde dos seus termos serán resoltos polo Consello da Xunta de Galicia, logo dos informes do Instituto Xeográfico Nacional, da Deputación Provincial e da Comisión Galega de Delimitación Territorial, e logo de dictame do Consello Consultivo de Galicia.

Por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, oído o Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Resolve-la cuestión suscitada entre os municipios do Covelo e Fornelos de Montes, sobre o deslinde dos seus termos municipais, no sentido de considerar válida e vixente a liña límite xurisdiccional que se describe na acta de deslinde de 1890 e na de deslinde e encalamento de 1954, tal e como se reflicte no mapa topográfico a escala 1:25.000 do Instituto Xeográfico Nacional segundo figura no anexo deste decreto.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais