Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de setembro de 2000 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Marcote de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Marcote de Vigo (Pontevedra), no que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que, mediante escritura pública notarial, Jesús Fernando Marcote Vilar cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a Colegio Marcote, S.L.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se uniron a el os documentos esixidos e que a Inspección de Educación emitiu informe sobre a petición.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Marcote de Vigo (Pontevedra), código de centro 36015822, a favor de Colegio Marcote, S.L. con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Jesús Fernando Marcote Vilar, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2000

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria