Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.160

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 15 de setembro de 2000 para a convocatoria de dúas prazas de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa das seguintes prazas:

A1. Posto: secretario/a do conselleiro-delegado (Ref. SC-TUR).

1. Funcións principais: labores de secretariado ó servicio do conselleiro-delegado e labores de apoio ós órganos directivos da empresa.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Dominio de inglés e galego.

-Dominio de Word, Excel e Access 2000.

4. Valorarase:

-Coñecemento doutros idiomas.

-Currículum vitae.

-Dotes de organización.

5. Probas que hai que realizar:

-Proba escrita de inglés e galego.

-Proba de informática (Word, Excel, Access 2000).

-Entrevista persoal.

A2. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude, indicando no sobre a referencia, dirixida ó xefe da área económica e de Persoal de Turgalicia (estrada Santiago de Compostela-Noia, Km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflecidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

A3. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B1. Posto: profesor de idiomas (Ref. AL-0300).

1. Funcións principais: dependendo do responsable do departamento, participará na preparación das materias de alemán, incluíndo material docente,

así como na impartición de clases e na avaliación de alumnos.

2. Prazas: 1 (tempo parcial).

3. Requisitos:

-Titulación universitaria.

-Dominio oral e escrito do idioma alemán.

-Experiencia docente de 6 meses.

-Estadía de 6 meses en países onde o alemán sexa idioma oficial.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Aptitude docente.

-Coñecementos de inglés e/ou francés.

-Coñecementos de ofimática para Windows.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que hai que realizar:

-Exame oral e escrito de alemán (eliminatorio).

-Impartición de clase.

-Planificación docente.

-Proba práctica de Microsoft Word 2000.

-Proba escrita e oral de inglés e/ou francés.

-Entrevista persoal.

-Cuestionario de personalidade.

B2. Documentación que hai que presentar:

-Solicitude indicando a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago de Compostela-Noia, Km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflecidos no C.V. Os títulos oficiais obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

-Certificación académica que indique as cualificacións obtidas na titulación requirida e o número de convocatorias por materia.

B3. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

C) Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2000.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.