Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de acondicionamento e pavimentación do camiño de Cacheiro a Canicouva.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de referencia. b) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: poxa.

4. Orzamento da licitación: 19.000.000 de ptas., incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías.

a) Provisional: 380.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns hábil seguinte ó do

remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal regulamentadora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 13 de setembro de 2000.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral