Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.155

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública.

Aprobado polo pleno do concello o proxecto de modificación das normas subsidiarias, no que se recollen as introducidas ó documento inicialmente aprobado por acordo plenario do 25 de maio de 1999, de conformidade co informe vinculante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 21 de marzo de 2000; e cos acordos plenarios do 29 de decembro de 1999 e do 26 de maio de 2000. Por medio do presente sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. Durante o mencionado prazo poderán os interesados examina-lo expediente e a documentación técnica, literal e gráfica, aprobada e formula-las alegacións que estimen por conveniente.

O expediente tramitado e o proxeto aprobado poderán consultarse nas oficinas do concello, nos días laborables do prazo antes sinalado, de 9 a 14 horas.

As alegacións formalizaranse por medio de escrito dirixido o Sr. alcalde-presidente.

Monterroso, 9 de outubro de 2000.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente