Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3/2000).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Frinsa Eólica, S.A.

Enderezo: avda. Xeneral Franco, nº 81, 15960 Ribeira (A Coruña).

Denominación: parque eólico Monte San Alberto.

Concellos afectados: Ribeira.

Coordenadas:

V: (X=500.000; Y=4.714.000)

V: (X=500.000; Y=4.716.000)

V: (X=501.000; Y=4.717.000)

V: (X=502.000; Y=4.717.000)

V: (X=503.000; Y=4.716.000)

V: (X=501.000; Y=4.714.000)

Potencia que se vai instalar: 15 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña