Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de setembro de 2000 pola que se aproban determinados proxectos editoriais para a educación secundaria obrigatoria e se autoriza o uso de libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares en centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma.

O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.

O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.

A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.

En virtude das mencionadas normas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.

Artigo 2º

Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.

A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Directora Xeral de Ordenación Educativa e Formación

Profesional

ANEXO

Relación dos proxectos editoriais supervisados

EditorialProxecto

Promocións Culturais Galegas, S.A.:-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 1º ciclo, 1º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.

Alhambra Longman, S.A.:-Proxecto editorial «Snapshot For ESO 1 & 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Worldwide» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Snapshot For ESO» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Voilà!» da área de lingua estranxeira: francés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Grupo Anaya, S.A.:-Proxecto editorial «Plástica y Visual» da área de educación plástica e visual para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Cultura Clásica» da materia de cultura clásica para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Tecnoloxía» da área de tecnoloxía para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Matemáticas» da materia de matemáticas para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Burlington Books:-Proxecto editorial «Burlington Top Class 1 & 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Discover Eso 1» e «Discover Eso 2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Casals, S.A.:-Proxecto editorial «Música» da área de música para o 1º e 2º ciclo, 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Bioloxía e Xeoloxía; Física e Química» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Tecnología» da área de tecnoloxía para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.

EditorialProxecto

-Proxecto editorial «Informática» da materia de iniciación á tecnoloxía informática para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Ecir, S.A.:-Proxecto editorial «Educación Plástica e Visual para ESO» da área de educación plástica e visual para o 1º e 2º ciclo da educación secundaria obrigatoria.

Editorial Luis Vives:-Proxecto editorial «Edelvives » da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Galaxia:-Proxecto editorial «Ciencias da Natureza» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Lingua Galega e Literatura» da área de lingua galega e literatura para o 1º ciclo, 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Ciencias Sociais, Xeografía e Historia» da área de ciencias sociais, xeografía e historia para o 1º ciclo, 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Ciencias da Natureza» da área de ciencias da natureza para o 1º ciclo, 2º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Lingua Galega e Literatura» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Ciencias Medioambientais e da Saúde» da materia de ciencias medioambientais e da saúde para o 2º ciclo de educación secundaria obrigatoria.

Heinemann:-Proxecto editorial «Brilliant for Eso 1&2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Kip Ediciones:-Proxecto editorial «Educación Física en la ESO» da área de educación física para o 1º e 2º ciclo, 1º, 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria.

McGraw-Hill:-Proxecto editorial «Física e Química 4º» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Matemáticas 4º» da área de matemáticas para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Historia. 2º Ciclo» da área de ciencias sociais, xeografía e historia para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Bioloxía e Xeoloxía 4º» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Lingua e Literatura Galega» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Lingua e Literatura Galega» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Obradoiro, S.A.:-Proxecto editorial «Action 3!» da materia de segunda lingua estranxeira: francés para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.

EditorialProxecto

-Proxecto editorial «Your Turn Next 1&2» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.

Oxford University

Press:

-Proxecto editorial «Thumbs up!» da área de lingua estranxeira: inglés para o 1º ciclo, 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Milestones» da área de lingua estranxeira: inglés para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.

SM:-Proxecto editorial «Leonardo» da área de tecnoloxía para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Lingua Galega e Literatura» da área de lingua galega e literatura para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Vicens-Vives:-Proxecto editorial «Tempo» da área de ciencias sociais, xeografía e historia para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Terra» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 3º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Tempo» da área de ciencias sociais, xeografía e historia para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Terra: Física e Química» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
-Proxecto editorial «Terra: Bioloxía e Xeoloxía» da área de ciencias da natureza para o 2º ciclo, 4º curso de educación secundaria obrigatoria.