En cumprimento do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira, Antonio Torre Bellota, no xuízo verbal de faltas nº 274/1999, que se segue neste xulgado por circular sen seguro obrigatorio, cítese en legal forma a Adolfo Borja Barrul, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día oito de novembro, ás 13 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertindo que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que interese valerse.
E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino esta cédula en Ribeira o once de agosto de dous mil.
O secretario
Rubricado